Este enxeñeiro de Montes foi distinguido na modalidade de fin de grao ou mestrado polo seu traballo “Programas agroambientales e impacto territorial en la provincia de Lugo-Galicia”, que ofrece unha avaliación expost dun instrumento de política agraria como son os programas agroambientais usando información orixinal procedente das explotacións sometidas a un Contrato de Explotación Sustentable. Aínda que o seu ámbito é limitado, o método permitirá a súa extensión ao conxunto de Galicia.