Video

IV Encontro da Mocidade Investigadora

Cartel do encontro

Dita iniciativa celebrarase en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de xuño de 2016, na Facultade de Ciencias da Comuniación (Campus Norte). Deste xeito, calquera persoa matriculada nun programa de doutoramento poderá inscribirse no mesmo. No caso dos programas interuniversitarios tamén están convidados a participar os alumnos matriculados nas restantes universidades do programa.

Obradoiros de elaboración e defensa de TFM en galego

O Servizo de Normalización Lingüística da USC oferta o curso Obradoiros de elaboración e defensa de TFG/TFM en galego. O obxectivo destes obradoiros é que os alumnos e alumnas poidan elaborar os TFG ou TFM coa máxima calidade formal, en lingua galega, para o que traballarán sobre modelos de documentos e titorizados polo profesorado do curso.

O Masterra presente nas xornadas sobre usos e explicacións da tecnoloxía dos drons para a xestión e ordenación do territorio

Máis de 25 empresas ligadas aos ámbitos da Xeomática e a Topografía e ao deseño e desenvolvemento de aeronaves, así como profesionais do sector aeroespacial e investigadores de varias universidades participan no Campus Terra da USC nunhas xornadas sobre vehículos aéreos non tripulados; un foro tecnolóxico organizado pola Escola Politécnica Superior en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñería Xeomática e Topografía e o aeródromo de Rozas, non que formalizaron a súa inscrición máis de 150

Páxinas