Video

Entrevista realizada por Campus Terra ao coordinador do Máster, David Miranda

O vindeiro 4 de agosto remata o prazo para solicitar a admisión no Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, máis coñecido como Masterterra, e que combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económico e cultural. O seu eixo central é o deseño de novos modelos de xestión territorial, nun contexto complexo, adecuándose ás características de cada espazo. O seu coordinador, o profesor da USC David Miranda, explícanos cales son as principais saídas profesionais de Masterterra aquí.

Territorios a exame III. Análise comparada da xestión territorial

A publicación Territorios a exame III. Análise comparada da xestión territorial reúne unha selección de artigos derivados dos Traballos Fin de Máster realizados por alumnos da terceira (2012-2013) e cuarta (2013-2014) edicións do Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio da Universidade de Santiago de Compostela, impartido na Escola Politécnica Superior e o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural do campus de Lugo.

Archivo: 

O LaboraTe convoca o Premio “Rafael Crecente” para o recoñecemento de Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial en Galicia

Mario Crecente, irmán do homenaxeado

O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convoca o Premio “Rafael Crecente” de Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial. Así o deu a coñecer o coordinador do mesmo, David Miranda Barrós, no acto de homenaxe ao fundador de dito grupo, que faleceu o pasado ano e que lle dá nome ao citado galardón.
 

Páxinas