Territorios a exame III. Análise comparada da xestión territorial

A publicación Territorios a exame III. Análise comparada da xestión territorial reúne unha selección de artigos derivados dos Traballos Fin de Máster realizados por alumnos da terceira (2012-2013) e cuarta (2013-2014) edicións do Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio da Universidade de Santiago de Compostela, impartido na Escola Politécnica Superior e o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural do campus de Lugo. Os capítulos constitúen unha selección de traballos que os editores consideraron de maior calidade e relevancia, tanto para mostrar os coñecimentos e destrezas adquiridas polos alumnos nos estudios realizados como pola súa contribución a unha mellor práctica da ordenación territorial en Galicia. Desta forma, preténdese dar resposta á pregunta ¿por que un máster en xestión da terra e o territorio en Galicia impartido nunha escola de enxeñería e un centro de investigación?

Referencia
Fra Paleo, U., López González, F.J. (eds.), 2016. Territorios a examen III. Análisis comparado de la gestión territorial. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela.

Archivo: 
Publicado: 23.06.2016