random photo

Sistema de calidade

Resultados e indicadores

Dispoñibles, xunto cos doutros programas, na páxina da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade.

Indicadores propios do título aquí.

Garantía interna e calidade

Sistema de Garantía Interna e Calidade (SGIC) da Escola Politécnica Superior

Enquisa interna para o alumnado

O programa realiza tódolos anos unha enquisa interna de satisfacción do alumnado. Esta é independente e complementaria da realizada polos servizos da universidade (que é común para tódolos programas) e ten como finalidade explorar algúns aspectos non contemplados nesta última. Nela solicitáse dos alumnos que valoren, nunha escala de 1 a 5 onde 5 é mellor puntuación, os seguintes aspectos:

  • Obxectivos do programa
  • Estrutura do plan de estudios (distribución ao longo do curso, número e tipo de materias)
  • Coordinación entre profesores e materias
  • Organización docente (calendario, horarios, xestión de cambios neles)
  • Profesorado
  • Participación de profesores visitantes
  • Calidade e cantidade dos medios materiais (aulas e equipos)
  • Visitas e actividades de campo (número e interese)
  • Grao de cumprimento das expectativas xeradas antes de comezar o curso
  • Racionalidade da carga de traballo esixida
  • Clima de traballo entre o alumnado e co profesorado
  • Traballo fin de máster como aplicación do coñecemento e as habilidades adquiridas
  • Aplicabilidade profesional dos contidos
  • Valoración global do programa

Os resultados medios correspondentes a cada pregunta para os cursos académicos 2010-2011 a 2013-2014 están dispoñibles no enlace situado ao final da páxina.

Archivo: