random photo

Acollida e orientación

Sesión de presentación

Nesta sesión inicial informarase aos alumnos sobre os obxectivos, a estrutura de contidos, periodización e programa operativo, localización de recursos (aulas, bibliotecas), e persoas responsables. Realizarase a presentación de profesores e alumnos, e facilitaranse os contactos que permitan a fluidez da comunicación.

Tutela dos alumnos

Cada alumno terá asignado un titor individual que actuará como interlocutor académico que remitirá á persoa responsable ou dará solución aos problemas relativos a aprendizaxe, realización de traballos, realización de prácticas e do traballo fin de master. Pola súa parte, o coordinador do master realizará a tutela relativa aos problemas organizativos ou de xestión académica, orientación de bolsas, búsqueda de residencia, e documentación de alumnos estranxeiros.