Territorios a exame. Traballos de ordenación territorial

A publicacion Territorios a exame. Traballos de ordenación territorial reúne unha selección de artigos derivados dos Traballos Fin de Máster realizados na primeira edición (2010-2011) do Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela, impartido na Escola Politécnica Superior e o Instituto de Biodiversidade e Desenvolvemento Rural do campus de Lugo. Os capítulos constitúen unha selección de traballos que os editores consideraron de maior calidade e relevancia, tanto para mostrar os coñecementos e destrezas adquiridas polos alumnos nos estudios realizados como pola súa contribución a unha mellor práctica da ordenación territorial en Galicia. Este doble obxectivo responde á pregunta ¿por que un Máster en Xestión da Terra e o Territorio en Galicia, impartido nunha escola de enxeñería e un centro de investigación?

Referencia

Crecente Maseda, R., Fra Paleo, U., 2012. Territorios a examen. Trabajos de ordenación territorial, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela.

Capítulos

  1. O impacto do pagamento único en Galiza
  2. Caracterización dos procesos de repoboación forestal posteriores á entrada de Galicia na Unión Europea
  3. A utilización do espazo polas explotacións gandeiras. Estudio na comarca de Terra Chá, Lugo
  4. A consideración dos asentamentos rurais nos procesos de xestión de terras: o caso da concentración parcelaria e a ordenación de núcleos rurais
  5. El entorno inmediato del núcleo en el planeamiento rural. Delimitación como área de transición para aplicar la concentración parcelaria
  6. Estudio da utilización de información catastral para a elaboración das bases definitivas nos procesos de concentración parcelaria en Galicia
  7. Una introducción al Modelado Basado en Agentes para la simulación de cambios de uso del suelo
  8. Sintaxis espacial de la ciudad de Lugo
  9. Escenarios de riesgo de incendio actuales y potenciales en el municipio de Lugo
  10. Predicción de incendios forestais. Análise do índice de risco e metodoloxía alternativa
  11. Escenarios actuais e potenciais de risco de inundación costeira na área metropolitana de A Coruña

Ponte en contacto con nós se desexas recibir un exemplar

Publicado: 6.07.2012