Benvido/a ao MasterTerra

O Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económico e cultural. O seu eixo central é o deseño de novos modelos de xestión territorial nun contexto complexo, adecuados ás características de cada espazo. Unha realidade complexa só pode ser abordada desde un enfoque multisectorial e transdisciplinario, polo que o máster inclúe contidos de carácter tecnolóxico, ambiental, de planificación e xestión, e de tipo social.

O programa está concebido para formar no coñecemiento e nas técnicas necesarias para a investigación e o exercicio profesional na planificación dos usos do solo, así como o deseño de políticas e programas para levar a cabo unha xestión sustentable da terra como recurso. Estes profesionais deben familiarizarse coa teoría e práctica dos procesos de avaluación e planificación, a resolución de conflictos de propiedade, nun contexto diverso no sector público, a empresa, as organizacións da sociedade civil e a investigación académica.

As metas do máster son:

  • Formar especialistas que, a partir do recurso terra, desenvolvan novos modelos de territorio, e sexan parte dos mesmos
  • Aproveitar as tecnoloxías da información xeográfica para unha nova xestión territorial, integrando as ciencias naturais, as ciencias sociais e a enxeñería
  • Incorporar os resultados da investigación ao proceso de aprendizaxe
  • Promover a hibridación académica, cultural e xeográfica entre disciplinas e persoas
  • Construir novos territorios
Publicado: 12.06.2012