random photo

A Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela ten unha historia de máis de 500 anos. Foi fundada en 1495 por Lope Gómez de Marzoa e é unha das máis antigas universidades de España.
Ten tres campus, dous en Santiago de Compostela e un terceiro en Lugo, cun total de máis de 30.000 estudantes. Hai 30 centros, incluíndo facultades e institutos de investigación, 80 departamentos, e a oferta é de máis de 80 programas entre tódalas disciplinas. Ten 2.300 profesores que pertencen a 300 grupos de investigación, algúns deles de relevancia internacional.

O campus de Lugo está dedicado á investigación e estudio das áreas rurais, a produción agrícola, gandeira e forestal. A Escola Politécnica Superior ten uns 3.000 estudantes, 250 profesores e 9 programas de agricultura, explotación forestal, enxeñería civil e xeomática.

Laboratorio do Territorio (LaboraTe)

O Laboratorio do Territorio naceu en 1995 co obxectivo de investigar sobre a concentración parcelaria como instrumento dispoñible para levar a cabo políticas e xestión de terras na área rural durante máis de cincuenta anos. Esta perspectiva a microescala, baseada na parcela como unidade de análise, levou a identificar a conveniencia da súa adopción e integración noutros ámbitos, particularmente na ordenación do territorio. As necesidades das administracións local e autonómica, e das empresas, de instrumentos máis complexos para levar a cabo as súas políticas de modo máis eficiente axudou a ampliar este enfoque de investigación cara outras áreas.