Video

Benvido/a ao MasterTerra

O Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio combina catro significados do concepto terra: ambiental, social, económico e cultural. O seu eixo central é o deseño de novos modelos de xestión territorial nun contexto complexo, adecuados ás características de cada espazo. Unha realidade complexa só pode ser abordada desde un enfoque multisectorial e transdisciplinario, polo que o máster inclúe contidos de carácter tecnolóxico, ambiental, de planificación e xestión, e de tipo social.

Repensando o territorio

Resultado dos incendios forestais de 2017 en Carballeda de Avia

Os estudantes do Máster en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio da Universidad de Santiago de Compostela realizaron traballo de campo no concello de Carballeda de Avia (parroquia de Vilar de Condes), co obxecto de coñecer de primeira man a realidade deste territorio e as expectativas en relación cos incendios do pasado mes de outubro.

Súmaste ao equipo?

Temos xa un bonito equipo para traballar durante o curso 2017-2018. Queres formar parte del? O prazo de matrícula acaba de ampliarse ata o 15 de outubro.

Páxinas

Este programa recibiu financiamento da Dirección General de Política Universitaria do Ministerio de Educación para profesores visitantes para os cursos académicos 2010-2011 e 2011-2012.

Ministerio de Educación

Os talleres de prácticas no estranxeiro foron financiadas polo Programa Intensivo Erasmus da Unión Europea (2010-2011) e a Universidade Van Hall Larenstein (2011-2012).

Erasmus Intensive Programme     Van Hall Larenstein University

As bolsas de colaboración durante o curso 2012-2013 son financiadas pola Fundación Juana de Vega

Juana de Vega Foundation

Outros apoios económicos:

Diputación de Lugo

Campus Terra