Bolsas de formación práctica para titulados universitarios

Orde do 26 de abril de 2017 pola que se convocan bolsas de formación práctica para titulados universitarios na área de desenvolvemento rural e política forestal (BOE, 8 de maio de 2017)

Destinatarios: Españois ou nacionais dalgún Estado membro da Unión Europa menores de 30 anos, que finalizasen os estudos nos catro anos anteriores ao día seguinte da publicación do presente extracto que estean en posesión ou en condicións de obter o título de Enxeñería de Montes ou Máster en Enxeñería de Montes, ou título de Enxeñería Agronómica ou Máster en Enxeñería Agronómica, ou Licenciados en Veterinaria ou Máster en Veterinaria (nivel 3 do Marco Europeo de Cualificacións). Tamén deberán acreditar mediante titulación oficial coñecementos do idioma inglés de nivel mínimo B2.

Obxecto: Contribuír á formación técnica e práctica en material de desenvolvemento rural e política forestal da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal mediante a convocatoria de once bolsas, das cales catro se destinarán á especialidade de Enxeñería de Montes, cinco a Enxeñería Agronómica e dúas a Veterinaria, por un período inicial máximo dun ano, que poderá prorrogarse anualmente por tres anos máis.

Convoca: Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
Info: http://siam.xunta.gal/lexislacion/norma.asp?idn=13171

Publicado: 16.05.2017