Pensas escribir o teu TFM en galego?

O Servizo de Normalización Lingüística da USC abriu o período de inscrición no Obradoiro de elaboración de TFG e TFM en galego, que terá lugar no Campus de Lugo, na Aula de Informática 2 da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, entre os días 9-12 e 16-18 de marzo e 14-21 de abril, en horario de tarde.
Os obxectivos do curso son:

  • Mellorar a calidade formal dos TFG e TFM.
  • Fomentar o uso da lingua galega na elaboración de TFG e TFM.
  • Homoxeneizar, dentro do posible, todas aquelas cuestións formais que necesariamente deben aparecer nos TFG e TFM para facilitar a súa posterior corrección, empregando un modelo de TFG/TFM que sirvan como guía da distribución e a disposición dos apartados que deben conter: portada, índice, introdución, bibliografía, etc.
  • Mellorar a defensa dos TFG e TFM, ofrecendo técnicas para facer presentacións dixitais eficientes dos TFG e TFM e para a súa presentación oral.

O prazo de matrícula remata o 27 de febreiro. Podes atopar máis información aquí.

Publicado: 24.02.2015