Territorios a exame II. Interpretando os procesos de cambio

A publicación Territorios a exame II. Interpretando os procesos de cambio reúne unha selección de artigos derivados dos Traballos Fin de Máster realizados por alumnos da segunda edición (2011-2012) do Máster Universitario en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio da Universidade de Santiago de Compostela, impartido na Escola Politécnica Superior e o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural do campus de Lugo. Os capítulos constitúen unha selección de traballos que os editores consideraron de maior calidade e relevancia, tanto para mostrar os coñecimentos e destrezas adquiridas polos alumnos nos estudios realizados como pola súa contribución a unha mellor práctica da ordenación territorial en Galicia.

Referencia

Crecente Maseda, R., Fra Paleo, U. (eds.), 2013. Territorios a examen II. Interpretando los procesos de cambio (prefacio de Ramón Villares), Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela.

Capítulos

  • Terra a Nosa? (prefacio de R. Villares).
  1. Cambios na cuberta do solo na comarca da Terra Chá antes e despois da entrada de España na CEE
  2. As casas de labranza galegas, pasado ou futuro? Un estudo de caso na parroquia de Trasliste
  3. Clasificación de los usos del suelo en una zona rural con datos lídar multitemporales
  4. La agricultura urbana en Lugo
  5. Marco normativo e institucional para el LBSAP de la ciudad de Lugo
  6. Biodiversidad y servicios ecosistémicos para el plan estratégico de biodiversidad de la ciudad de Lugo
  7. Estudio multitemporal de la superficie ocupada para la cría de camarón en el Golfo de Fonseca, Honduras
  8. Escenarios de risco de inundación nas chairas do río Sar en Bertamiráns
  9. Integración de fotogrametría UAV y TLS para el modelado tridimensional de la ciudad hispano-musulmana de Vascos (Toledo)

Ponte en contacto con nós se desexas recibir un exemplar

Publicado: 16.01.2014