IV Encontro da Mocidade Investigadora

Cartel do encontro

Dita iniciativa celebrarase en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de xuño de 2016, na Facultade de Ciencias da Comuniación (Campus Norte). Deste xeito, calquera persoa matriculada nun programa de doutoramento poderá inscribirse no mesmo. No caso dos programas interuniversitarios tamén están convidados a participar os alumnos matriculados nas restantes universidades do programa.
A inscrición é gratuíta, e permítese a presentación de comunicacións en calquera das seguintes linguas: galego, castelán, portugués e inglés. Entregarase un certificado de asistencia ou participación. Cómpre lembrar que a participación en coautoría nas comunicacións -de ser o caso- non dá dereito á citada certificación.
 
O prazo para o envío da documentación e o formulario finaliza o 8 de maio de 2016 (ás 23:59h). Unicamente poderá presentarse un resumo por inscrición.

Tipos de comunicación:

● Oral: consistirá nunha exposición de 5 minutos, máis rolda de preguntas. Recoméndase levar a presentación en formato .pdf (a organización non se fai responsable da compatibilidade con outros formatos).

● Formato póster: consistirá nunha presentación en panel (100cm alto x 90cm ancho) con rolda de exposición e preguntas durante cada unha das “Sesións Póster”.
No formulario de inscrición poderase indicar o tipo de presentación desexada, pero o Comité Científico poderá suxerir modificacións na elección para poder conformar o programa final do Encontro, que se estruturará buscando afinidades temáticas dentro da multidisciplinariedade.

A confirmación do tipo de presentación definitiva farase a partir do 24 de maio do 2016.
Máis información, nas seguintes ligazóns:
- Enlace páxina: http://www.usc.es/es/centros/cptf/edi/IV_Encontro_Mocidade.html
- Enlace bases: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/cptf/edi/descargas_EDI/IV_EMI_Bases_convocatoria.pdf

Published: 29.04.2016